DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 3 de outubro de 2025 Páx. 52332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de emenda de erro material en acordo polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de produción de enerxía eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (PB 05/2024).

Expediente: PB 05/2024.

Solicitante: Parque Eólico de Malpica, S.A.

Denominación: Proxecto de execución do sistema de almacenamento BESS-Hibridación PE Malpica repotenciado.

Concello: Malpica de Bergantiños.

Feitos:

1. O 29.7.2025 acordouse someter a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de produción de enerxía eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (IN408A 2024/003-1).

2. No dito acordo detectouse un erro material en canto ao enderezo web onde se pode consultar a información.

3. O 6.8.2025 este departamento territorial emitiu unha resolución de emenda de erros do Acordo do 29.7.2025.

4. No dito acordo detectouse un erro material en canto ao número de expediente.

Consideracións legais e técnicas:

O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Rectificar o citado acordo, de xeito que onde di:

«IN408A 2024/003-1».

Debe dicir:

«PB 05/2024».

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Mediante este documento notifícanselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 5 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña