DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 3 de outubro de 2025 Páx. 52330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental dunha planta de tratamento de residuos para a produción de biometano, compost e fertilizantes, no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense). Titular: Biofertilizantes Xunqueira de Ambía, S.L. (expediente 2024-IPPC-I-153).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada e ao estudo de impacto ambiental do proxecto referido no encabezamento, co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e e Cambio Climático: https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2025

A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Por abstención (Resolución do 25.4.2025)
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente: 2024-IPPC-I-153.

Titular: Biofertilizantes Xunqueira de Ambía, S.L.

NIF: B19351873.

Domicilio social: rúa Estébanez Calderón 3-5, 2º andar, 28020 Madrid.

Localización da instalación: parcelas 285 e 286, polígono 60; parcelas 793, 9183, 772, 753 e 743, polígono 506; parcela 1, polígono 68. 32670 Xunqueira de Ambía (Ourense).

Actividade: valorización de residuos non perigosos e SANDACH mediante dixestión anaerobia para a produción de biometano, compost e fertilizantes.

Categoría da actividade: 5.4.a) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Descrición do proceso: os residuos non perigosos e sandach someteranse a un proceso controlado de dixestión anaerobia para obter biogás. Este biogás, a través dun sistema de purificación ou upgrading, acadará a calidade de biometano que permitirá a súa inxección na actual rede de gas.

O dixerido someterase a unha separación mecánica sólido/líquido. A fracción sólida conducirase a unha liña de fabricación de compost. A fracción líquida, xunto coas correntes de augas sucias (augas de limpeza e baldeos, pluviais sucias e augas de proceso), pasará a unha liña de depuración, con osmose inversa, da que se obterá un efluente que se proxecta; en parte recircularase ao proceso, en parte empregarase como fertilizante líquido e en parte empregarase como auga de rega.

Vertedura: as augas sanitarias dirixiranse a unha fosa estanca con destino a un xestor autorizado.