A Orde do 30 de maio de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 17 de xuño, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN201G).
No artigo 2 da convocatoria establécese que as devanditas subvencións serán financiadas co crédito correspondente ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2025:
|
Aplicación orzamentaria |
Importe (€) |
Beneficiarias/os |
|
14.06.751A.770.3. Comercialización da artesanía de Galicia. Obradoiros artesanais. |
180.000,00 € |
Artigo 4 anexo I |
|
14.06.751A.761.5. Comercialización da artesanía de Galicia. Corporacións locais. |
50.000,00 € |
Artigo 5 anexo I |
|
14.06.751A.781.4. Comercialización da artesanía de Galicia. Asociacións profesionais de artesás/áns |
35.000,00 € |
Artigo 6 anexo I |
Por outra banda, no artigo 2.2 do anexo I sinálase que se poderán incrementar as contías previstas en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.
Co obxecto de poder amparar o maior número de solicitudes, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, cómpre mediante esta orde incrementar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, dada a existencia de remanentes de créditos incluídos en programas do mesmo servizo.
A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo único. Financiamento
1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Orde do 30 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento IN201G) (DOG núm. 114, do 17 de xuño).
2. O incremento da dotación será de 8.230,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.770.3, Comercialización da artesanía de Galicia. Obradoiros artesanais, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Unha vez efectuado este incremento, o importe da dotación orzamentaria da aplicación 14.06.751A.770.3 ascende a 188.230,00 € e o importe total da orde de axudas ascende a 273.230,00 €.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
