Advertida a omisión, na páxina 45468, do primeiro parágrafo do citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 158, do mércores 20 de agosto de 2025, cómpre a súa publicación:
«A Concellaría de Goberno responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante a Resolución do 12.8.2025, adxudicou un posto de traballo de policía da Policía Local do Concello de Pontevedra convocado para a súa provisión polo sistema de mobilidade, mediante concurso, entre persoal funcionario de carreira doutros corpos da policía local, a favor de Alberto Robles Campo, con DNI ***7857**».
