As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 50, do 13.3.2015, e as súas rectificacións nos BOPPO núm. 77, do 22.4.2016 e núm. 25, do 8.2.2021, e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no BOPPO núm. 169, do 5.9.2025:
Persoal funcionario:
– Dúas prazas de administrativo/a, encadradas na escala da Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición, mediante o procedemento de promoción interna.
– Unha praza de auxiliar da Administración xeral (reservada a persoas que teñan recoñecida a condición legal de persoa con diversidade funcional), encadrada na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición, quenda libre.
Persoal laboral fixo:
– Unha praza de oficial de ambiente (fontaneiro/a), equiparada ao grupo C, subgrupo C2 da función pública, categoría de oficial, polo sistema de oposición, quenda libre.
– Tres prazas de operario/a de limpeza viaria, equiparadas a outras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública (disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público), categoría de operario/a, polo sistema de oposición, quenda libre.
– Unha praza de operario/a de servizos varios, equiparada a outras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública (disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público), categoría de operario/a, polo sistema de oposición, quenda libre.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria, mediante extracto no Boletín Oficial del Estado.
Redondela, 8 de setembro de 2025
Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa
