DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52525

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e celador/a.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 170, do xoves 4 de setembro de 2025, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 48214, no anexo IV do baremo, correspondente á categoría de celador/a, onde di: «Os cursos de prevención de riscos, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 6 puntos», debe dicir: «Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 6 puntos».