Advertida a necesidade de engadir novos postos ao acto de elección inicialmente convocado, co fin de garantir que todas as persoas aspirantes nos procesos selectivos convocados para o ingreso no subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, e no subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, poidan obter unha praza correspondente ao seu subgrupo,
DISPONSE:
Primeiro. Modificar unha praza e engadir outra y no anexo II da Resolución do 29 de setembro de 2025.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO II
(Engadido)
Prazas ofertadas
Especialidades de enxeñaría de montes (subgrupo A1) e de enxeñaría técnica forestal (subgrupo A2).
|
Nº |
Código |
Nome |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Adscr. |
Nivel |
|
40 |
MAC060000215770005 |
Xefatura Área Técnica Conserv. e Xest. Biodivers. |
MA |
S. X. de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
26 |
|
107 |
MRC030000215770037 |
Xefatura Unidade Técnica Estudos e Formación |
MR |
S. X. de Extinción |
Dirección Xeral de Defensa do Monte |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
