DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52520

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2025 pola que se modifica a Resolución do 29 de setembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 189, do 1 de outubro) pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocados pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo) e polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro).

Advertidos erros no anexo I de relación de persoas aspirantes que deben participar na elección de postos nos procesos selectivos convocados para o ingreso no subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, e no subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

DISPONSE:

Eliminar a persoa aspirante que figura no número de orde de elección de destino 36 do anexo I por ter un posto de carácter definitivo.

36

3

***1551**

López Villaverde, María Soledad

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2021

Libre

Advertido que na numeración de orde de elección de destino falta o número 39, renumérase a dita relación a partir do posto 36, que finaliza no 149.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal