Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 4 de agosto de 2025 (DOG núm. 151, do 8 de agosto), resolveuse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira.
De acordo co punto segundo desa resolución, diferíronse os prazos posesorios ata a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.
Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas segundo o artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública e de conformidade co previsto na base XI da convocatoria, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. A apertura do prazo de toma de posesión que se establece no punto segundo da resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 4 de agosto de 2025.
Segundo. De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 27 de outubro de 2025.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computar o día 28 de outubro de 2025.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante esta mesma dirección xeral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
