A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, polo que solicita o emprazamento de cantos/as aparezan como interesados/as no recurso contencioso-administrativo PA 341/2025, contra a Resolución do 25 de outubro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado mediante a Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso (DOG núm. 213, do 5 de novembro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante o referido xulgado no prazo de nove días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
