DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2023/478-1, no concello de Carral.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución CT Tabeaio 15CQ38, no concello de Carral (expediente IN407A 2023/478-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 22 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/478-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución CT Tabeaio 15CQ38.

Concello: Carral.

Predio

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

2089524NH5828N0001TY

Ernesto Brandariz López

23.9.2025

2

2089522NH5828N0001PY

Ernesto Brandariz López

23.9.2025