No Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 16 de xuño de 2025, publícase a Orde do 6 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa Benestar en balnearios e de axudas para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS607A).
O número de estadías convocadas destínase a cubrir 1.276 prazas e a súa distribución por establecementos balnearios figura no anexo IV da convocatoria.
A resolución correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o disposto no artigo 16.1 da dita orde.
De conformidade co disposto no artigo 16.3, publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións e actos administrativos que afecten as persoas interesadas. Non obstante, e tendo en conta que a publicación destes actos pode lesionar dereitos e intereses lexítimos das persoas solicitantes, publicarase na páxina web da Consellería (https://politicasocial.xunta.gal) unha listaxe cos resultados da adxudicación e da lista de espera, consonte co previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Na súa virtude, e de conformidade coas facultades atribuídas,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación da Resolución do 25 de setembro de 2025 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e a lista de espera para cubrir as estadías en prazas de establecementos balnearios dentro do programa Benestar en balnearios para o ano 2025.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 25 de setembro de 2025 pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025
Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
ANEXO
Resolución do 25 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se aproba a relación de persoas admitidas e a lista de espera para cubrir as estadías en prazas de establecementos balnearios dentro do programa Benestar en balnearios para o ano 2025.
No Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 16 de xuño de 2025, publicouse a Orde do 6 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa Benestar en balnearios e de axudas para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS607A).
O número de estadías convocadas destínase a cubrir 1.276 prazas e a súa distribución por establecementos balnearios figura no anexo IV da convocatoria.
A resolución correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o disposto no artigo 16.1 da devandita orde.
De conformidade co disposto no artigo 16.3, publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións e os actos administrativos que afecten as persoas interesadas. Non obstante, e tendo en conta que a publicación destes actos pode lesionar dereitos e intereses lexítimos das persoas solicitantes, publicarase na páxina web da Consellería (https://politicasocial.xunta.gal) unha listaxe cos resultados da adxudicación e da lista de espera, en consonancia co previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
En virtude do exposto, e de conformidade coas facultades atribuídas,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a listaxe definitiva de persoas admitidas para cubrir as prazas nos balnearios e quendas do programa Benestar en Balnearios 2025, que figura no anexo I.
Segundo. Aprobar a listaxe definitiva de persoas en lista de espera, que figura no anexo II.
Terceiro. A adxudicación de prazas vacantes con posterioridade á resolución realizarase, se é o caso, conforme o disposto no artigo 14 da orde de convocatoria.
Cuarto. A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Artigo 16.1 da Orde do 6.6.2025; DOG núm. 113, do 16 de xuño). Antonio Acevedo Prado, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.
