DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52450

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 83/2025, do 22 de setembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Brión do treito inicial da estrada autonómica AC-300 comprendido entre o p.q. 0+000 e o p.q. 0+770, incluído todo o dominio público viario.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Brión solicita á Xunta de Galicia a transferencia de titularidade do treito da estrada AC-300 comprendido entre o p.q. 0+000 e o p.q. 0+800. A estrada AC-300 con categoría funcional de rede local, discorre polo termo municipal de Brión entre o seu p.q. 0+000 e o seu p.q. 5+290 e entre o seu p.q 5+340 e o seu p.q. 5+390. O treito inicial (p.q. 0+000-p.q. 0+880), atravesa solo clasificado como urbano polo instrumento de planeamento urbanístico vixente no Concello de Brión (núcleo urbano de Pedrouzos-Os Ánxeles), e do p.q. 0+000 ao p.q. 0+770 (glorieta de conexión coa AC-304) ten un marcado carácter local e urbano. A estrada AC-300 conecta a estrada N-550, á altura da Picaraña (Padrón), co núcleo urbano de Pedrouzos-Os Ánxeles (Brión) e tamén coa autovía AG-56 (enlace de Brión) a través da estrada autonómica AC-451.

A continuidade da rede autonómica está garantida xa que a estrada autonómica AC-304 constitúe unha alternativa viaria ao treito da estrada AC-300 do p.q. 0+000 ao p.q. 0+770 e ao treito da estrada AC-451 do p.q. 0+000 ao p.q. 0+480, ao conectar a estrada AC-300, no seu p.q. 0+770, coa autovía AG-56 (enlace de Brión).

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de setembro de dous mil vinte e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Brión do treito inicial da estrada autonómica AC-300 (p.q. 0+000 ao 0+770), xunto co seu dominio público viario, e do nó viario da AC-543 (p.q. 9+700 ao 9+770) que serve de conexión entre a AC-300 (p.q. 0+000) e a AC-451 (p.q. 0+000):

Transferencia

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

Lonx. (m)

Área DPV (m2) (aproximada)

1

Treito inicial da AC-300:

Os Ánxeles (AC-451)-Soigrexa (AC-304)

0+000

X= 526.332

Y= 4.744.607

0+770

X= 526.696

Y= 4.743.957

767

5.797

2

Nó viario AC-543 (rotonda e ramais)

9+700

X= 526.351

Y= 4.744.621

9+770

X= 526.287

Y= 4.744.621

73

1.127

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir este cambio de titularidade, que quedaría da seguinte forma:

Clave

Denominación

Treito

PQi

PQf

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

AC-300

Soigrexa (AC-304)-Picaraña (N-550)

Soigrexa (AC-304)-Picaraña (N-550)

0+770

7+250

6,48

6,48

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-451

Os Ánxeles-Brión (AC-544)

Os Ánxeles-Brión (AC-544)

0+000

3+440

3,44

3,44

Local

Estrada convencional

A Coruña

O documento do Catálogo e as súas modificacións poden consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Brión deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Brión, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de setembro de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas