DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52600

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de corrección de erros nas bases reguladoras para a provisión das prazas incluídas na oferta ordinaria de emprego público correspondente ao ano 2024.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 127, do 4 de xullo de 2025, publicáronse integramente as bases reguladoras dos procesos selectivos para a provisión das prazas incluídas na oferta ordinaria de emprego público da Deputación Provincial de Ourense correspondente ao ano 2024.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 132, do 11 de xullo de 2025, publicouse a Resolución da presidencia, do 4 de xullo de 2025, de modificación das ditas bases reguladoras respecto do prazo de solicitudes para as prazas de persoal laboral de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 174, do 11 de setembro de 2025, publicouse a Resolución da presidencia, do 4 de setembro de 2025, pola que se corrixen os seguintes erros materiais:

– Base quinta 2.I.c, ao non incluír o grupo B no requisito do Celga 4 (erro por omisión).

– Base décimo oitava, ao non incluír para os dereitos de exame a taxa correspondente ao grupo B, que é de 16 euros (erro por omisión).

– Anexo II, lista de prazas, na parte I de prazas de acceso libre, letra B, de prazas de persoal laboral fixo correspondentes á taxa xeral do 120 % de reposición de efectivos, na praza de «1 axudante/a de soldador/a» corresponde (AP) (erro de redacción).

– Base décimo sétima e anexo II, ao non incluír 2 prazas de técnicos/as auxiliares en medio ambiente (C1) recollidas na base décimo sétima (erro por omisión).

A corrección de erros abre un novo prazo de presentación de solicitudes respecto das seguintes prazas:

1º. Prazas de funcionarios correspondentes á taxa xeral do 120 % de reposición de efectivos:

– 2 técnicos/as superiores en educación e control ambiental (grupo B), acceso libre, sistema de oposición.

– 2 técnicos/as auxiliares en medio ambiente (subgrupo C1), acceso libre, sistema de oposición.

2º. Prazas de persoal laboral fixo correspondentes á taxa xeral do 120 % de reposición de efectivos:

– 1 axudante/a de soldador/a (AP), acceso libre, sistema de concurso-oposición.

O prazo será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no BOE.

Ourense, 18 de setembro de 2025

Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense