DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52599

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura de diversas prazas pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 170, do 8 de setembro de 2025, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante a Resolución de Alcaldía de data do 2 de setembro de 2025, relativas á convocatoria para a cobertura das seguintes prazas por quenda de promoción interna do Concello de Santiago de Compostela:

– Nove prazas de persoal bombeiro condutor especialista da escala de Administración especial, subgrupo C1.

– Dúas prazas de xefe de equipo da escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase fins especiais, extinción de incendios, subgrupo A2.

– Dez prazas de técnico/a de xestión da escala da Administración xeral, subgrupo A2.

O prazo de presentación será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda, de conformidade coas bases faranse públicos na forma prevista nestas.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía do 17.6.2023)
Manuel César Vila
Concelleiro-delegado de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local