DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52598

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible efectuarlles a comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procederan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas (Área de Medio Ambiente), situadas na praza da Constitución, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

Interesado

1462/2025

32076A027001060000UT

Currás

Herdeiros de Rita Fernández Babarro

1463/2025

32076A002004100000UJ

O Piñeiral

En litixio

1501/2025

32076A001003180000UQ

Urbanización El Madrigal

En investigación

1510/2025

32076A501002400000YX

Loiro de Abaixo

En investigación

1523/2025

32076ª003000310000UD

San Cibrao das Viñas

En investigación

San Cibrao das Viñas, 15 de setembro de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa