DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52596

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación inicial do instrumento de ordenación provisional do sector de solo urbanizable número 20, Fonsillón-A Farixa (expediente de planeamento urbanístico 2018009709).

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 28 de agosto de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte

ACORDO:

10. Instrumento de ordenación provisional para o antigo sector de solo urbanizable nº 20 Fonsillón-A Farixa do PXOM de 2003, ámbito nº 9 do Decreto da Xunta de Galicia núm. 187/2011, do 29 de setembro (DOG núm. 189, do 3 de outubro de 2011) que aprobou a ordenación urbanística provisional en Ourense ata a entrada en vigor do novo planeamento. Expediente número 2018009709.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes, acordou:

1º. Aprobar o proxecto de instrumento de ordenación urbanística instrumento de ordenación provisional para o antigo sector de solo urbanizable nº 20 Fonsillón-A Farixa do PXOM de 2003, ámbito nº 9 do Decreto da Xunta de Galicia núm. 187/2011, do 29 de setembro (DOG núm. 189, do 3 de outubro de 2011) que aprobou a ordenación urbanística provisional en Ourense ata a entrada en vigor do novo planeamento.

O proxecto que se aproba é o contido no documento para aprobación inicial (DAI) presentado con data do 25 de xuño de 2025.

2º. Aprobar inicialmente, por pedimento de Desarrollos Comerciales de Ocio e Inmobiliarios de Ourense, S.A. e Cecosa Hipermercados, S.L. (representadas ambas mercantís por Mª Teresa Sestelo Alborés), o instrumento de ordenación provisional para o antigo sector de solo urbanizable nº 20 Fonsillón-A Farixa do PXOM de 2003, ámbito nº 9 do Decreto da Xunta de Galicia núm. 187/2011, do 29 de setembro (DOG núm. 189, do 3 de outubro de 2011) que aprobou a ordenación urbanística provisional en Ourense ata a entrada en vigor do novo planeamento.

O documento que se aproba é o documento para aprobación inicial (DAI) presentado con data do 25 de xuño de 2025.

3º. Someter o expediente a información pública polo prazo mínimo de vinte días mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia y nun dos xornais de maior difusión da provincia. Publicarase tamén o anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal. Así mesmo, notificaráselles individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

4º. Solicitar durante o período de información pública os informes sectoriais e as consultas que sexan precisos de conformidade co disposto na Lei de Galicia 2/2017 e na Lei de Galicia 2/2016.

A documentación estará á disposición no taboleiro de editos da sede electrónica do Concello. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, do Concello de Ourense (rúa García Mosquera, núm. 19), das 9.00 ás 14.00 horas.

Ourense, 9 de setembro de 2025

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente