O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 31.7.2025, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro. Estimar parcialmente a alegación formulada pola mercantil Promociones Fermuna, S.L.U., de modo que se amplía a conexión exterior mediante o treito viario en contacto coa estrema norte do polígono 2, segundo queda reflectido nos planos de ordenación.
Segundo. Desestimar as demais alegacións presentadas durante o período de información pública, polas razóns que se expresan no informe xurídico do Servizo de Urbanismo do 1.4.2025.
Terceiro. Aprobar definitivamente, consonte o disposto no artigo 75.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-5.I, promovido pola mercantil Avento Consultores Inmobiliarios, S.L., segundo o documento presentado o 26 de xuño de 2025.
Cuarto. Ordenar a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e remitir á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, un exemplar do documento definitivamente aprobado, debidamente dilixenciado e, unha vez efectuada a dita inscrición, ordenar a publicación do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co artigo 82 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
Quinto. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación».
O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:
https://concellodelugo.gal/es/actuaciones/normativa-urbanistica
(+info)
Lugo, 9 de setembro de 2025
Miguel Fernández Méndez
Alcalde
