A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 2.7.2025, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas na Rolda da Muralla, números 37 e 38, no termo municipal de Lugo, promovido pola entidade Mosquera Alvariño Promociones, S.L., para os efectos previstos no artigo 80 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
Segundo. Someter o estudo de detalle ao trámite de información pública polo prazo dun (1) mes, mediante un anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.
Así mesmo, notificaráselles individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.
Terceiro. Solicitar o informe da consellería competente en materia de patrimonio cultural e, de ser o caso, os demais informes sectoriais preceptivos».
O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:
https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica
(+info)
Lugo, 28 de agosto de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto número 2730/2025)
Jorge Bustos Atanasio
Concelleiro delegado de Urbanismo, Deportes e Xuventude
