DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Toén (expediente IN407A 2023/235-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoios por fin de vida útil na LAMT 20 kV CAS806 Rairo II 6” entre os apoios B7L317BN (13471479) e B7EBAAO7//D195-24 (13061228), na casa do concello de Toén, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmos ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 23 de setembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/235-3.

Instalación: Substitución de apoios por fin de vida útil na LAMT 20 kV CAS806 Rairo II 6” entre os apoios B7L317BN (13471479) e B7EBAAO7//D195-24 (13061228).

Concello: Toén.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concovatoria:

Data: 18 de novembro de 2025.

Lugar: Casa do concello de Toén.

Hora: ver cadro.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

1

Bouzoás

32082A027000250000LE

Descoñecido/a

12.45

2

Bouzoás

32082A027001870000LS

Descoñecido/a

12.50