Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Cuatro Cero, S.L. (B15541303).
Domicilio social: polígono do Espíritu Santo, rúa Bell, 2, 15650 Cambre (A Coruña).
Título: proxecto modificado parcial de: LMTS, CS prefabricado para Cuatro Cero, S.L. no polígono do Espíritu Santo, rúa Bell, 2, 15650 Cambre (A Coruña) visado 2025833 do día 7.4.2025.
Situación: polígono do Espíritu Santo, rúa Bell, 2, 15650 Cambre (A Coruña).
Descricións técnicas:
Nova instalacións de alta tensión composta por:
• Liña de alta tensión soterrada RHZ1-2OL 12/20 kV-Al, 1x240 mm² con orixe e final na liña de distribución LMTS SMC706, no tramo comprendido entre o apoio AKURROE/28 e o CT 15CHA6, con entrada/saída no CS proxectado, cunha lonxitude de 183 m (ida e volta).
• Centro de seccionamento en edificio prefabricado con cela compacta SF6 (3L 2TC GPRS + TT SSAA) con tres celas de liña con interruptor-seccionador, e unha cela de SSAA (24 kV, 16 kA).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), este departamento territorial
RESOLVE:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112,115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 15 de setembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
