Asunto: Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Fragamoreira.
Concello: Poio (Pontevedra).
Promotor: Xestión do Solo de Galicia, S.A.
En cumprimento do establecido no artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, sométese o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (en diante, PEOSE) do parque empresarial de Fragamoreira a información pública durante o prazo de vinte días hábiles.
Antecedentes:
Primeiro. O 28.7.2000 aprobouse definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) vixente no concello de Poio. En desenvolvemento das previsións do PXOM con data do 26.6.2012 aprobouse o plan parcial do parque empresarial de Poio.
Segundo. O Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (en diante, PSOAEG), aprobado mediante o Acordo do Consello da Xunta do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 101, do 28 de maio) recoñece o parque empresarial de Fragamoreira en Poio como área en tramitación (código de área 36041011).
Terceiro. En desenvolvemento das previsións do PSOAEG Xestión do Solo de Galicia, S.A. (en diante, Xestur) promove este desenvolvemento. Con data do 23.5.2025 Xestur presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia o borrador do PEOSE xunto co documento ambiental estratéxico para comezar a tramitación. Esta solicitude está dirixida á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Consellería de Economía e Industria como órgano substantivo.
Cuarto. Con data do 26.5.2025 solicítase o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica. Con data do 4.9.2025, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emitiu o informe ambiental estratéxico do PEOSE do parque empresarial de Fragamoreira en Poio. O informe ambiental estratéxico fíxose público mediante o Anuncio do 5 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (DOG núm. 183, do 23 de setembro).
Quinto. Con data do 22.9.2025 Xestur presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia o PEOSE redactado por Antea Iberolatam, S.L.U. para aprobación inicial. O PEOSE acompáñase dun informe de supervisión realizado polos servizos técnicos de Xestur.
Sexto. Mediante a Resolución do 24 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, acórdase aprobar inicialmente o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Fragamoreira, no concello de Poio, para os efectos establecidos na Lei 3/2022, de 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.
O que se fai público, de conformidade co artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.
A documentación pode consultarse na páxina web da Consellería de Economía e Industria https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial. Durante o prazo de información pública as distintas administracións e entidades públicas e privadas, e calquera persoa interesada, poderá achegar cantas observacións e suxestións xulguen convenientes ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
