DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2023/282-1, no concello de Sobrado.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Nova LAMT, LSMT, CT e conexión RBT en Muradelo, no concello de Sobrado (expediente IN407A 2023/282-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 24 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/282-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: nova LAMT, LSMT, CT e conexión RBT en Muradelo.

Concello: Sobrado.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

9

Chousa de Atrás

15081A03100135

Descoñecida

23.9.2025