DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 23 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación no expediente PR905A 2025/685 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de documentación.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar a documentación se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, na praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se lles comunica ás persoas interesadas que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se non presentan a documentación que se lles require no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, se considerarán desistidas da súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2025

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/Nº expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2025/685

30857891X

Requirimento

4.7.2025

PR905A 2025/777

04679207H

Requirimento

23.7.2025

PR905A 2025/817

55851842E

Requirimento

6.8.2025

PR905A 2025/849

XDF369714

Requirimento

6.8.2025