DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52748

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2025 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante neste consello.

Mediante a Resolución do 4 de agosto de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 151, do 8 de agosto, anunciouse a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello Consultivo de Galicia, que se detalla no anexo desta resolución.

De conformidade coa Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e co artigo 13.l) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, e de conformidade tamén co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, de aplicación supletoria nos termos previstos no artigo 30.4 da Lei 3/2014, do 24 de abril, a Presidencia

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta resolución, de acordo co informe-proposta sobre a apreciación da súa idoneidade para o desempeño do posto convocado, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Resolución do 4 de agosto de 2025.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obteña praza efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025

Andrés Lago Louro
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Valencia Vila, Santiago.

DNI: ***2617**.

Grupo: A1.

Corpo/escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Posto de traballo: letrado/a.

Código do posto: CCG002.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.