DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52746

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2025.

No Diario Oficial de Galicia número 125, do 2 de xullo de 2025, publicouse a Orde do 26 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

Con data do 12 de setembro de 2025, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 176 a Resolución do 4 de setembro de 2025 pola que se aprobaron as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D), e se publicaron na páxina web da Agasp a listaxe provisional de persoas admitidas e a listaxe provisional de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, concedendo un prazo de dez (10) días hábiles para emendas.

Con data do 18 de setembro de 2025, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 180 a Resolución do 11 de setembro pola que se declara a tramitación de urxencia no proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e no proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D), nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2025, e se reducen á metade os prazos establecidos para o procedemento ordinario, agás os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Finalizado o prazo de emenda e de acordo co expresado na dita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2025.

Poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública https://agasp.xunta.gal:

– A listaxe definitiva de persoas admitidas.

– A listaxe definitiva de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 29 de setembro de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública