DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52850

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2025.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da sociedade

Convenio de colaboración entre a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e a Deputación Provincial de Ourense para a implementación e mantemento dos equipamentos necesarios para a habilitación do sistema de rastrexabilidade dos residuos e do portal do cliente nas instalacións da Deputación.

Constitúe o obxecto deste convenio regular as condicións para a execución e o mantemento

posterior nas plantas de transferencia de titularidade da Deputación das infraestruturas necesarias para a implementación do sistema de rastrexabilidade dos datos e o portal do cliente, dentro do Plan de modernización e dixitalización de infraestruturas

emprendido por Sogama.

7.5.2025

216.073,52 €+IVE. Deputación asume 50 % ata máx. 130.724,48 € (IVE incluído)

Convenio de colaboración empresarial entre o Concello de Cerceda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) para o desenvolvemento de actividades de interese xeral.

O obxecto deste convenio é a promoción da sustentabilidade ambiental do Concello de Cerceda, de conformidade coas orientacións ditadas pola Consellería de Medio

Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, así como o desenvolvemento sustentable no seu conxunto, tanto a nivel económico como ambiental e social.

3.6.2025

2.650.000,00 € (IVE incluído)

Convenio de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) para a xestión das plantas de transferencia de residuos de competencia local na Provincia de Ourense.

Este convenio ten por obxecto regular a cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) para a xestión das once microplantas de transferencia de residuos de competencia local propiedade da Deputación Provincial de Ourense, que se relacionan no anexo e que teñen a condición de bens de dominio público e servizo público.

1.7.2025

1.387.512,00 €

(sen IVE)

1.526.263,20 €

(IVE incluído)

Cerceda, 15 de setembro de 2025

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.