DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52849

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN de 9 de setembro de 2025 pola que se procede a realizar convocatoria pública para cubrir tres prazas de persoal laboral fixo.

Prazas: 3 (tres) oficiais de obras e mantemento.

Tipo de contrato: contrato fixo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos/das interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén na páxina web: www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 9 de setembro de 2025

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría