DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52848

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilarmaior

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica de notificación a titular da referencia catastral que se relaciona a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, a interesada no procedemento proceda á xestión da biomasa vexetal segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición para o seu exame e coñecemento, nas oficinas municipais do Concello de Vilarmaior, situadas na rúa Armada, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Referencia catastral

Titular

15092A011007750000BD

Banco Etcheverría, S.A.

Vilarmaior, 18 de setembro de 2025

Carlos Vázquez Quintián
Alcalde