De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (en diante, LPDIFG), comunícaselles, por medio deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello, ás persoas interesadas que resultan descoñecidas.
Para os efectos do cómputo de prazos nos correspondentes procedementos administrativos que se citan, consonte o artigo 22.3 da LPDIFG, computaranse desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A comunicación que se notifica, cos datos que figuran no anexo, ten o seguinte texto en extracto:
«Visto o informe-acta de inspección da Policía local nº 130/2025, que consta no expediente, relativo ao incumprimento das obrigas de xestión das faixas secundarias de xestión da biomasa, conforme a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a Lei 7/2012, de montes de Galicia, lémbrase que:
Deberá xestionar a biomasa (felgos) e retirar as especies árboreas (eucaliptos) que se atopan a unha distancia inferior a 50 metros ao redor de edificacións destinadas a vivenda, no prazo de trinta (30) días hábiles. No mesmo prazo acreditarase documentalmente ante o Concello o cumprimento das obrigas expostas.
O incumprimento desta orde determinará a execución forzosa, ben mediante execución subsidiaria con repercusión dos custos xerados, ou ben mediante a imposición de multas coercitivas, reiterables ata acadar a execución do ordenado, sen prexuízo, de ser o caso, da apertura do correspondente expediente sancionador».
Valdoviño, 11 de setembro de 2025
Alberto González Fernández
Alcalde
ANEXO
Relación de predios descoñecidos
|
Expediente |
Polígono e parcela de concentración parcelaria Val-Meirás-Lago II |
Localización |
|
2025/V001/000033 |
Polígono 8, parcela 1999 |
O Canto do Muro-Meirás |
