DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de oferta de emprego público complementaria para o ano 2025 (expediente 825/2025).

Na Xunta de Goberno Local do 10.9.2025 adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público complementaria deste concello para o ano 2025 que contén o seguinte posto de traballo de persoal funcionario:

Denominación

Nº vacantes

Código

Acceso

Sistema selección

Policía Local

1

16

Libre/mobilidade

Oposición libre/concurso (mobilidade)

Segundo. Que se publique no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación ante o mesmo órgano que a ditou, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que xulgue procedente.

Guitiriz, 11 de setembro de 2025

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa