DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de setembro do 2025 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, darlles publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

• Data da resolución: 10.9.2025.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-20-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e parcial do edificio 12.20.edf.002 (lonxa e departamentos a), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa e oficinas.

Porto: Corme.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Corme.

Superficie concedida no título concesional: 471 m2.

Investimento: 0 € (con IVE).

Prazo da concesión: quince (15) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 1.335,49 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, 0,0015 €/kg vendido en lonxa pola actividade de primeira venda e o 1,5 % do importe neto da cifra anual de negocio pola actividade de almacenaxe e oficinas.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

• Data da resolución: 15.9.2025.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-34-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para lonxa e almacén de medios mecánicos non particulares.

Porto: Vilaboa (Santa Cristina de Cobres).

Concesionario: Confraría de Pescadores Pedra de Oliveira, de Vilaboa.

Superficie concedida no título concesional: 389 m2.

Investimento: 0 € (con IVE).

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 494,47 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, 0,0015 €/kg vendido en lonxa pola actividade de primeira venda e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio por vehículos non particulares asignados á confraría.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

• Data da resolución: 15.9.2025.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-04-25-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para edificio e caseta desmontable para oficinas e formación náutico-pesqueira.

Porto: O Xufre (A Illa de Arousa).

Concesionario: Asociación de Mexilloeiros Isleños San Esteban.

Superficie concedida no título concesional: 386 m2.

Investimento: 0 € (con IVE).

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 2.986,60 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio por formación e ensinanzas náuticas e o 1,5 % por oficinas.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

• Data da resolución: 18.9.2025.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-15-25-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para bar-cafetaría.

Porto: Campelo.

Concesionario: Sonia María Outón Mora.

Superficie concedida no título concesional: 45 m2.

Investimento: 0 € (con IVE).

Prazo da concesión: cinco (5) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 134,98 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, o 2 % do importe neto da cifra anual de negocio.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

• Data da resolución: 23.9.2025.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-40-24-C-2.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie, lámina de auga e edificios, para mantemento e reparación de embarcacións do sector pesqueiro marisqueiro e doutros sectores.

Porto: O Freixo.

Concesionario: Abeijón Hermanos, S.L., de Vilaboa.

Superficie concedida no título concesional: 5.420 m2.

Investimento: 0 € (con IVE).

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 14.528,80 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio para varadoiro.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

• Data da resolución: 23.9.2025.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-24-25-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para bar-cafetaría-restaurante.

Porto: Arcade.

Concesionario: Marisquería Arcades, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 108 m2.

Investimento: 150.046,35 € (sen IVE).

Prazo da concesión: quince (15) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 745,35 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, o 2 % do importe neto da cifra anual de negocio por bar-restaurante.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia