DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de setembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de obras no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente DH.W36.107024).

Santiago Gómez Lorenzo solicita de Augas de Galicia a legalización de obras coas seguintes características:

Solicitante: Santiago Gómez Lorenzo.

Expediente: DH.W36.107024.

Lugar: Guillán.

Parroquia: O Carril.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Descrición das obras: legalización de peche, alpendre e galiñeiro, situados na parcela con referencia catastral 9978503NH1197N0001PE.

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) contados a partir do seguinte ao da data de publicación Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Vilagarcía de Arousa ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, 3- 4º, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, logo de cita no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.

Vigo, 8 de setembro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur