DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 8 de outubro de 2025 Páx. 52927

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 30 de setembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de decembro de 2024 (DOG núm. 241, do 16 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro) acordou, de conformidade co disposto na convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar día 16 de outubro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 10 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso á aula na cal se realice o exercicio con móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes, calculadoras ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2025

Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal