DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 8 de outubro de 2025 Páx. 52925

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 16 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 182, do 20 de setembro, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

En sesión que tivo lugar o 30 de setembro de 2025, o tribunal nomeado mediante a Resolución de 25 de marzo de 2025 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade coa base II.2.4, que o cuarto exercicio do proceso selectivo se realice os días 27, 28 e 29 de outubro e 3, 4 e 5 de novembro de 2025, cos chamamentos que a seguir se recollen.

Consonte o previsto na base II.2.4 da resolución de convocatoria do proceso selectivo convócanse para a realización do cuarto exercicio os días 27, 28 e 29 de outubro e 3, 4 e 5 de novembro de 2025, ás 16.15 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:

27 de outubro de 2025

Martínez Castro, Nerea

***0400**

Mato Martínez, Andrea

***8339**

28 de outubro de 2025

Mexuto Bautista, Nuria

***8241**

Núñez Fernández, Xián

***0255**

29 de outubro de 2025

Pérez de los Santos, Alba María

***1411**

Picatoste Gil, Ignacio Manuel

***1388**

3 de novembro de 2025

Rodríguez Castiñeiras, María

***7156**

Souto Baña, Fátima

***0973**

4 de novembro de 2025

Tacón García, Carlos

***6165**

Vázquez Rodríguez, Adrián

***5277**

5 de novembro de 2025

González Bran, Fátima

***5458**

As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2025

Beatriz Allegue Requeijo
Presidenta do tribunal