DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 8 de outubro de 2025 Páx. 52942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 22 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se lle notifica á persoa solicitante do dereito á asistencia xurídica gratuíta o acordo de inicio do procedemento de revisión do dereito á asistencia xurídica gratuíta adoptado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Santiago de Compostela, no expediente PR204A 2025/1163-0.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de inicio do procedemento de revisión do dereito á asistencia xurídica gratuíta adoptado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Santiago de Compostela, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia deste acordo queda supeditado á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas, durante un prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Santiago de Compostela (rúa Madrid 2-4, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acordo

PR204A 2025/1163-0

30795101X

Inicio de revisión