DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 8 de outubro de 2025 Páx. 52873

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a entidades locais de Galicia para a construción, rehabilitación, ampliación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI427D).

Con data do 20 de xaneiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia número 12 a Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a entidades locais de Galicia para a construción, rehabilitación, ampliación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI427D).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicaranse no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Proceder á publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a entidades locais de Galicia para a construción, rehabilitación, ampliación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI427D), e que figuran no anexo.

Segundo. O financiamento ascende ao importe total concedido de 770.466 euros, con cargo á aplicación 08.06.313D.760.0 (código de proxecto 2018 000112).

A dita partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Terceiro. A finalidade comprende a construción, rehabilitación, ampliación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM).

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade
P.D. (Artigo 15 da Orde do 26.12.2024;
DOG nº 12, do 20.1.2025)
Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero

ANEXO

Nº expediente

Entidade beneficiaria

NIF

Importe subvención (€)

SI427D 2025-1

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín

P3200025I

151.676,43

SI427D 2025-2

Concello de Mos

P3603300I

44.564,26

SI427D 2025-3

Concello da Laracha

P1504200E

15.764,63

SI427D 2025-4

Concello de Ares

P1500400E

136.446,52

SI427D 2025-5

Concello de Muxía

P1505300B

37.379,24

SI427D 2025-6

Concello de Ponteareas

P3604200J

161.608,76

SI427D 2025-7

Concello de Arzúa

P1500600J

72.815,64

SI427D 2025-8

Concello de Cee

P1502300E

16.451,30

SI427D 2025-9

Mancomunidade Voluntaria de Municipios Terras de Celanova

P8202502D

20.195,71

SI427D 2025-10

Concello de Baiona

P3600300B

4.879,10

SI427D 2025-11

Concello de Redondela

P3604500C

4.728,00

SI427D 2025-12

Mancomunidade do Salnés

P3600041B

103.956,41