DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 8 de outubro de 2025 Páx. 52871

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 2 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI461B).

Con data do 22 de abril de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia número 76, a Orde do 2 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI461B).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicaranse no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Proceder á publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 2 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI461B) que figuran no anexo.

Segundo. Esta convocatoria está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 no obxectivo político 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ESO4.8: fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos e medida 2.H.01: apoio á inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero.

O importe total concedido ascende á cantidade de 599.998,53 euros, con cargo á aplicación 08.06.313D.480.2 (código de proxecto 2023 00097).

Terceiro. A finalidade comprende o fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade
P.D. (Artigo 19 da Orde do 2 de abril de 2025;
DOG núm. 76, do 22 de abril)
Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero

ANEXO

Nº expediente

Entidade beneficiaria

NIF

Importe subvención €

SI461B 2025-1

Asociación Veciñal Gutier Menéndez

G32503971

23.190,48

SI461B 2025 -2

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

53.205,60

SI461B 2025-3

Asociación Limisi

G32302671

46.380,96

SI461B 2025-4

Asociación Síndrome de Down da Coruña

G15731466

63.972,48

SI461B 2025-5

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

17.392,86

SI461B 2025-6

Fundación Érguete-Integración

G36861078

40.152,60

SI461B 2025-7

Asociación Integro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

G15173263

26.602,80

SI461B 2025-8

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

G15458060

53.205,60

SI461B 2025-9

Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas)

G15031537

46.380,96

SI461B 2025-10

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Demencias Afíns da Coruña (Afaco)

G15538838

53.205,60

SI461B 2025-11

Asociación Saúde Mental A Mariña

G27262799

26.602,80

SI461B 2025-12

Asociación Entrelampo

G70479571

23.190,48

SI461B 2025-13

Fundación CIP

G15849318

56.816,64

SI461B 2025-14

Asociación de Empresas e Profesionais do Transporte Galicia Sinerxías

G10645075

53.205,60

SI461B 2025-15

Asociación Familiares Enfermos Alzhéimer Chantada

G27320225

16.493,07