A instalación denominada Soterramento LMT TRO716, CT e CS foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 22 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., ten a condición de beneficiaria.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 31 de outubro de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.
A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora na cal deberá presentarse no seu predio e se informará de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 17 de setembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Nº apoio |
m2 solo |
|
1 |
6380203NG2768S0001WB |
Cr. Madroa |
Descoñecido |
CT |
16,81 |
|
2 |
54057A002004490000AA |
Pugariño |
Manuel Quinzán Pardo |
CS |
15,48 |
