Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: substitución LSAT (3 tramos) da LAT 20 kV Meilán_1.2 CT 13467 Caravel – CT 5880 Garabolos, CT 13467 Caravel – CT 8171 Margarida 62, CT 3026 Catro Caminos – CT 9947 Flor de Malva.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán_1.2 en canalización existente e proxectada (10 metros), con orixe nunha cela do CT 13467 Caravel e final nunha cela do CT 5880 Garabolos, cunha lonxitude de 100 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán_1.2 en canalización existente e proxectada (180 metros), con orixe nunha cela do CT 13467 Caravel e final nunha cela do CT 8171 Margarida 62, cunha lonxitude de 350 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán_1.2 en canalización existente e proxectada (204 metros), con orixe nunha cela do CT 3026 Catro Camiños e final nunha cela do CT 9947 Flor de Malva, cunha lonxitude de 240 metros en conductor HEPRZ1-240 mm.
• Desmontaxe de 610 metros de condutor RHZ1-95 mm.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 139.859,89 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Lugo.
• Separata para o Ministerio de Transportes.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, en particular os condicionantes específicos que o promotor debe acatar na execución das obras determinados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na resolución do expediente con referencia A/27/48196, e condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 18 de setembro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
