Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionari: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.
Denominación: LAT 20 kV subterránea e novo CT Martín Suarna.
Situación: concello da Fonsagrada.
Características técnicas principais:
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Fonsagrada sur, con orixe no apoio AV54243 existente e final no apoio proxectado (3) tipo C-3000/14, cunha lonxitude total de 324 metros en condutor existente tipo LA-30.
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Fonsagrada sur dirección CT 10687 Llencias, con orixe no apoio proxectado (4) tipo C-3000/20 e final no apoio AV45135 existente, cunha lonxitude total de 204 metros en condutor existente tipo LA-30.
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Fonsagrada sur dirección CT 8006 Vilarín de Abaixo, con orixe no apoio existente (7) e final no apoio existente (8), cunha lonxitude total de 299 metros en condutor existente tipo LA-30.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Fonsagrada sur, con orixe no apoio proxectado (3) tipo C-3000/14 e final no CT Martín Suarna proxectado, cunha lonxitude de 165 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Fonsagrada sur, con orixe no CT Martín Suarna proxectado e final no apoio proxectado (4) tipo C-3000/20, cunha lonxitude de 70 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Fonsagrada sur, con orixe no CT Martín Suarna proxectado e final no apoio existente (7), cunha lonxitude de 220 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• CT Martín Suarna prefabricado, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmontaxe de dous seccionadores, do CTI 928 Martín Suarna e de 361 metros de LA-30.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 158.524,08 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello da Fonsagrada.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, en particular os condicionantes específicos que o promotor debe acatar na execución das obras determinados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na resolución do expediente con referencia A/27/48196, e condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 18 de setembro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
