Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: soterramento de la LAT 20 kV Pontenova e novo CS Polig. Industrial.
Situación: concello da Pontenova.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Pontenova, con orixe nun PAS situado no apoio existente A34203, entra e sae no CS Pol. industrial e remata noutro PAS situado no mesmo apoio, cunha lonxitude de 480 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Pontenova, con orixe no CS Pol. industrial e final no CT 7273 Comp. Parque Ind. (expediente 338/2023 AT), cunha lonxitude de 190 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Pontenova, con orixe no CS Pol. industrial e final nun empalme proxectado nunha liña con dirección ao CT 9672 Pontenova, cunha lonxitude total de 1.225 metros, 720 de condutor existente e 555 de condutor proxectado tipo RHZ1-240 mm.
• CS Pol. industrial prefabricado, no cal se instalan catro celas de liña telemandadas.
• Desmontaxe do secionador S61957, de 15 metros de condutor RHZ1-240, 120 metros de RHZ1-150 e 120 metros de LA-110.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 157.947,54 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello da Pontenova.
• Separata para o Ministerio de Transportes.
• Separata para o Ministerio para a Transición Ecolóxica.
• Separata para a Consellería de Cultura.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, en particular os condicionantes específicos que o promotor debe acatar na execución das obras determinados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na resolución do expediente con referencia A/27/48196, e condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 18 de setembro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
