DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 8 de outubro de 2025 Páx. 52981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2024/257-2).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: substitución LSAT da LAT 20 kV Meilán_1.2, CT 5012 A Coruña 384 – CT 6384 A Coruña 374, CT 6384 A Coruña 374 – CT 10740 Dolmen, CT 2544 A Coruña 345 – CT 2400 Tunel de Oural, CT 2400 Tunel de Oural – CT 3888 Río Ladra, CT11428 Díaz y Prieto – CT 12942 A Coruña 272, CT 12942 A Coruña 272 – CT 722 M. María.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán_1.2 en canalización existente e proxectada (50 metros), con orixe nunha cela do CT 5012 A Coruña 384 e final nunha cela do CT 6384 A Coruña 374, cunha lonxitude de 70 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán_1.2 en canalización existente e proxectada (110 metros), con orixe nunha cela do CT 6384 A Coruña e final nunha cela do CT 10740 Dolmen, cunha lonxitude de 120 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán_1.2 en canalización existente e proxectada (196 metros), con orixe nunha cela do CT 2544 A Coruña 345 e final nunha cela do CT 2400 Tunel de Oural, cunha lonxitude de 200 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán_1.2 en canalización existente e proxectada (151 metros), con orixe nunha cela do CT 2400 Túnel de Oural e final nunha cela do CT 3888 Río Ladra, cunha lonxitude de 160 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán_1.2 en canalización existente e proxectada (67 metros), con orixe nunha cela do CT 11428 Díaz y Prieto e final nunha cela do CT 12942 A Coruña 272, cunha lonxitude de 145 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán_1.2 en canalización existente e proxectada (115 metros), con orixe nunha cela do CT 12942 A Coruña 272 e final nunha cela do CT 722 M. María, cunha lonxitude de 125 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

Desmontaxe de 835 metros de condutor RHZ1-95 mm.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 216.272,21 €.

-Documentación que se xunta:

Separata para o Concello de Lugo.

Separata para a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, en particular, os condicionantes específicos que o promotor debe acatar na execución das obras determinados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na resolución do expediente con referencia A/27/48196, e condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellos eléctricos que empreguen gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 24 de setembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo