De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no artigo 26 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para prover, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos sinalados no anexo I.
Terceiro. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal segundo o modelo que se inclúe no anexo II, no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Cuarto. As persoas aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen.
Quinto. Se a persoa seleccionada para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde ten destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado á Comunidade Autónoma, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, e demais disposicións concordantes.
Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo de considerarse oportuno.
Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia ou dun (1) mes se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse na data que especifique a orde pola cal se resolverá a convocatoria. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse tamén desde a devandita data.
Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, no prazo dun (1) mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
ANEXO I
Código: EI.501.00.003.15770.001.
Consellería: Emprego, Comercio e Emigración.
Denominación do posto: subdirector/a xeral de Economía Social.
Dependencia: Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo ou escala: xeral/especial.
Grupo/subgrupo: A1.
Nivel: 30.
Complemento específico: 25.159,68 €/ano.
Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas).
Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).
