Mediante a Resolución do 29 de xaneiro de 2025 (DOG do 13 de febreiro e BOE do 24 de febreiro) convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área de bioloxía-saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral.
Mediante a Resolución do 21 de marzo de 2025 (DOG do 3 de abril) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.
Unha vez rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exame da fase de oposición (proba de galego) o día 28 de novembro de 2025, ás 10.00 horas, na aula núm. 1 da Facultade de Relacións Laborais (avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela).
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
