De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocado mediante a Resolución desta universidade, do 6 de maio de 2025 (DOG do 15 de maio), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.
Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que se deberá realizar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 25 de setembro de 2025
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
|
Código: |
PPL2401-X02-381-PPL-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a permanente laboral |
|
Área de coñecemento: |
A0381 Filosofía do Dereito |
|
Departamento: |
D00X02 Dereito Privado |
|
Centro de traballo: |
308 Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo |
|
DNI: |
***9322** |
|
Nome e apelidos: |
Xosé Manuel Pacho Blanco |
