De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante resolución desta universidade, do 29 de maio de 2025 (BOE do 12 de xuño), e presentada polas persoas propostas a documentación á que fai referencia a base 8ª da convocatoria,
Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 25 de setembro de 2025
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Código: TU2405-H12-814-TU-TC-02.
Corpo: profesor/a titular de universidade.
Área de coñecemento: A0814 Tradución e Interpretación.
Departamento: D00H12 Tradución e Lingüística.
Centro de traballo: 301 Facultade de Filoloxía e Tradución.
DNI: ***7503**.
Nome e apelidos: Rebeca Cristina López González.
Código: TU2405-T06-505-TU-TC-01.
Corpo: profesor/a titular de universidade.
Área de coñecemento: A0505 Enxeñ. Cartográf., Xeodés. e Fotogramet.
Departamento: D00T06 Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medioambiente.
Centro de traballo: 107 Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
DNI: ***4157**.
Nome e apelidos: Fernando Veiga López.
Código: TU2405-X05-245-TU-TC-01.
Corpo: profesor/a titular de universidade.
Área de coñecemento: A0245 Educación Física e Deportiva.
Departamento: D00X05 Didácticas Especiais.
Centro de traballo: 202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
DNI: ***8149**.
Nome e apelidos: Rubén Maneiro Dios.
