Mediante a Resolución da Alcaldía, do 14 de agosto de 2025, nomeouse como persoal funcionario de carreira para ocupar a praza vacante de oficial de administración (escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2), incluída na oferta de emprego público do concello do ano 2024, a favor de: Óscar Doral García, DNI: ***4997**.
Ao dito nomeamento dáselle publicidade consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Brión, 10 de setembro de 2025
Pablo Lago Sanmartín
Alcalde
