Na Xunta de Goberno Local, do día 29 de setembro de 2025, aprobáronse as bases que regularán o proceso selectivo para cubrir unha praza de oficial 1ª mecánico incluída na oferta de emprego público do ano 2025.
O período de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial del Estado.
A bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña:
https://concellodemoana.sedelectronica.gal
Moaña, 1 de outubro de 2025
Leticia Santos Paz
Alcaldesa
