DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 9 de outubro de 2025 Páx. 53142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de setembro de 2025, polo que se aproban o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado da vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda, enlace completo co polígono de Areas, punto quilométrico (p.q.) 0+630, de clave PO/24/012.01.1, cun orzamento base de licitación, IVE incluído, dun millón cincocentos dezaoito mil seiscentos corenta e sete euros con noventa e sete céntimos (1.518.647,97 €).

Antecedentes:

O 20 de xuño de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia número 117 o Anuncio do 27 de maio de 2025 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda, enlace completo co polígono de Areas, punto quilométrico (p.q.) 0+630, de clave PO/24/012.01.1, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de setembro de 2025, polo que se aproba o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado da VAC Tui-A Guarda, enlace completo co polígono de Areas, p.q. 0+630, de clave PO/24/012.01.1, que se recolle como anexo desta resolución.

Contra o dito Acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderá formular un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida formular un recurso de reposición no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de ser un suxeito obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración, para a interposición do recurso de reposición deberá empregar o modelo IF321B de recurso en materia de infraestruturas, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/, ante a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2025

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de setembro de 2025, polo que se aproba se o tramite de información pública e informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado da vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda, enlace completo co polígono de Areas, punto quilomético (p.q.) 0+630, de clave PO/24/012.01.1, cun orzamento base de licitación, IVE incluído,
dun millón cincocentos dezaoito mil seiscentos corenta e sete euros
con noventa e sete céntimos (1.518.647,97 €)

1º. Aprobar o expediente correspondente aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas do proxecto de trazado da VAC Tui-A Guarda, enlace completo co polígono de Areas, p.q. 0+630, de clave PO/24/012.01.1, sen modificacións respecto ao trazado sometido a información pública.

2º. Aprobar definitivamente o proxecto de trazado da VAC Tui-A Guarda, enlace completo co polígono de Areas, p.q. 0+630, de clave PO/24/012.01.1, cun orzamento base de licitación, IVE incluído, dun millón cincocentos dezaoito mil seiscentos corenta e sete euros con noventa e sete céntimos (1.518.647,97 €).

Consonte establece o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Tui, no cal se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, de ser o caso, puideren aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño.